×

Outro lustro de libros en galego para a nenez e a mocidade (2015-2020)

Este volume, incluído na colección Materiais didácticos do Instituto de Ciencias da Educación da USC, recompila recensións críticas e divulgativas dunha selección de obras de literatura infantil e xuvenil, creadas en galego e traducidas ao galego. As recensións, escritas por especialistas nestas literaturas, publicáronse entre maio de 2015 e abril de 2020 na sección Elos de Lectura do xornal El Correo Gallego.Esta antoloxía de recensións estrutrúrase en dúas partes: a primeira consiste nunha orientación metodolóxica e inclúe dous artigos dirixidos ao mediador adulto, cuxa función é exercer de elo entre a infancia e a lectura; a segunda parte recompila as críticas publicadas no devandito xornal, organizadas cronolóxicamente e por xéneros: álbums ilustrados, narrativa, poesía e teatro.A literatura é un dos principais abeiros do eido cultural, un dos cimentos máis decisivos no desenvolvemento de valores persoais e sociais. O obxectivo deste traballo é achegar aos mediadores adultos as análises de obras de calidade publicadas en galego, que lles sirvan como guía para a selección de títulos e que contribúan, na escola e na casa, ao fomento da lectura dos máis pequenos.

Sin stock 10.00 €

Datos del producto

ISBN: 9788419679277
Publicación: 05/2023
Formato: Rústica
Idioma: Gallego
Número de páginas: 384

Comentarios

Apodo

Título

Comentario

Aviso de cookies

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y realizar tareas de analítica.