×

Os ollos da ponte

Os ollos da ponte

Con "Os ollos da ponte", segunda entrega da futura triloxía "Vidas de infancia", Ramiro Fonte volve reconstruír meticulosamente un espazo físico e moral, a vila de Pontedeume nos últimos sesenta, desenvolvendo cumpridos panoramas sociais, ao estilo das novelas do XIX. A diferenza do primeiro volume, "Os meus ollos" (Xerais 2003), nesta reflexión sobre a recuperación da infancia, a vida familiar cede o protagonismo ao ámbito da escola pública, que vincula todos os episodios da existencia do rapaz. Escrita con elegancia a pesar do sensible da materia, na que están implicadas as vidas de persoas reais, a novela é un modelo de exactas e virtuosas descricións, formuladas por medio dun humorismo benévolo e unha emoción serena. Así mesmo, "Os ollos da ponte" constitúe un ensaio sobre a temporalidade dos seres e da novela como arte temporal, na que as diversas técnicas narrativas se poñen ao servizo dunha obra que constantemente vai creando a súa propia arquitectura e reinventándose a si mesma. Un relato no que Ramiro Fonte explora os límites entre a ficción e a verdade da escritura literaria mediante a descrición dunha estensa galería de tipos humanos, proxectando un século enteiro de vida dun prototipo de vila galega. Pola súa riqueza en nostalxias que a todos nos vinculan e polo seu alto ton narrativo, que afouta as nosas capacidades sensoriais, aparenta un confeite mesmo nas mans do lector desavezado e confirma a busca por parte do autor dun gran estilo para a prosa galega baseado na humildade, na sinxeleza e no diáfano.

Sin stock 24.95 €

Datos del producto

Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497822442
Publicación: 11/2004
Formato: Rústica
Idioma: Gallego
Número de páginas: 352

Comentarios

Apodo

Título

Comentario

Aviso de cookies

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y realizar tareas de analítica.