×

Os globos de andar

Os globos de andar

Os globos de andar

A partir de 8 anos Outra cidade. Un novo barrio. Outro colexio cheo de compañeiros descoñecidos. No momento da nova mudanza, Marcos levaba moitas incertezas na mochila. Temía achar soidade, saudade, aburrimento. Daba por seguro que había estrañar. Pero logo dou con amigos cos que estar. E un misterio por resolver, o do neno que non sabía andar sen levar un globo na man. Sen contar a un avó que esixía que lle contasen contos. Os globos de andar é unha historia que pon de manifesto as mellores cualidades da infancia dun xeito orixinal. A inocencia, bondade, confianza, solidariedade e esperanza, como algúns dos valores que marcan o deambular dos seus protagonistas, están presentes na obra de forma non forzada, sensible e, fundamentalmente, natural. A historia é reforzada coa utilización dunha linguaxe sinxela, accesible e fluída, coa que se consegue non só afondar na tenrura do relato, senón tamén propiciar unha lectura fácil e directa para o público ao que vai dirixida.

Sin stock 11.06 €

Datos del producto

ISBN: 9788496893870
Publicación: 01/2008
Formato: Papel
Idioma: Gallego

Comentarios

Apodo

Título

Comentario

Aviso de cookies

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y realizar tareas de analítica.