×

O camiño

O camiño é longo. Ás veces vai dereito; ás veces, torto… Nalgunha ocasión sentes que alguén avanza a carón de ti e vas alegre, ao seu paso, como voando xuntos a cabalo dun ganso salvaxe. Hai momentos nos que non dás andado: parece que levas zapatos de ferro! O camiño dá a súa colleita… Proxectamos longas viaxes, anhelamos lugares, procuramos metas… pero a verdadeira experiencia está no camiño mesmo: cada treito, cada momento, cada tropezo, cada descubrimento... Coma se do camiño da nosa vida se tratase, este álbum traza o carreiro polo que transitamos. Sempre haberá quen vai por diante; outros seguirán as nosas pegadas; haberá momentos de encontros, tamén de despedidas... Un álbum que nos dá pistas sobre a necesaria capacidade de superación para afrontar dificultades, o ánimo para seguir adiante e o esforzo e a confianza nun mesmo, imprescindibles para recoller os froitos dese sendeiro da vida. Tamén algún consello: non encher de máis a mochila, deixar atrás o innecesario, recoller sementes, mirar o ceo… Mariona Cabassa, acompaña dun xeito poético estaruta continua, entretecendo as páxinas cunha senda vermella que atravesa paisaxes nos que podemos ver reflectidos distintos estados emocionais, e un percorrido temporal marcado tamén coa presenza dos paxaros: se nos deixamos fascinar polo voo das aves, quizais poidamos sentir as súas ás.

Sin stock 14.90 €

Datos del producto

Editorial: OQO Editora
ISBN: 9788498716344
Publicación: 03/2021
Formato: Cartoné
Idioma: Gallego
Número de páginas: 36

Comentarios

Apodo

Título

Comentario

Aviso de cookies

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y realizar tareas de analítica.