×

Humanas proporcions, as (xv premio torrente ballester 2003)

Premio Torrente Ballester, 2003 Premio da Crítica Española, 2004 Gañador do Premio Torrente Ballester 2003, Xesús Constela Doce propón un achegamento narrativo, desde a imaxinación creadora dun eficaz fabulador, ás distintas facianas da vida de homes e mulleres. En verbas do crítico Xosé Antonio Ponte Far, este libro de relatos é «unha proposta arriscada, moderna, resolta atinadamente e con raíces na narrativa de sempre». Con este libro de relatos descóbrese un autor inédito ata o momento. O libro nace do vencello farturento entre literatura e imaxinación creadora. Nel xorde un novo territorio narrativo para a literatura galega, cunha linguaxe diferente, arriscada e efectiva, que engaiola e convence co poder dun gran fabulador. Xesús Constela Doce descobre unha dimensión nova do mundo cotián. O seu xeito de narrar ancórase na realidade inmediata para, con inusitada imaxinación, desvelar novas perspectivas narrativas en ámbitos moi variados da vida humana. As humanas proporcións configuran unha proposta literaria que ha sorprender o lector ou lectora pola súa facilidade para desmontar as convencións e tópicos mediante un estilo directo e orixinal.

Sin stock 16.45 €

Datos del producto

ISBN: 9788482887210
Publicación: 08/2004
Formato: Rústica
Idioma: Gallego
Número de páginas: 156

Comentarios

Apodo

Título

Comentario

Aviso de cookies

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y realizar tareas de analítica.