×

A vitoria do perdedor

A vitoria do perdedor

Arcadio Macías, perdedor dunha guerra e dunha posguerra, prepara a súa saída de España. Está seguro de que a loita terminou. Mais a realidade -en forma dunha represión que non cesa- axiña lle vai demostrar o contrario. Isto desatará a súa rebeldía e impediralle fuxir. Converterase así nun combatente solitario e vingador que cambiará a realidade dunha bisbarra. Un home atrapado nun recuncho da Historia que axusta contas co mundo fratricida en que lle tocou vivir. Carlos G. Reigosa constrúe con axilidade narrativa unha acción vigorosa e arrepiante que retrata a dialéctica embrutecedora entre a perversión da vitoria e o desvalemento da derrota. A crueldade resultante desborda a dimensión política para ser só ferocidade e desquite. A vitoria do perdedor é a memoria fera e doente dun tempo de posguerra dominado polo terror e a violencia.

Sin stock 20.95 €

Datos del producto

Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788499143989
Publicación: 02/2013
Formato: Rústica
Idioma: Gallego
Número de páginas: 240

Comentarios

Apodo

Título

Comentario

Aviso de cookies

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y realizar tareas de analítica.