×

A obra xornalística de José Gómez de la Cueva

Xohan Carballeira

José Gómez de la Cueva, que asinaba os seus traballos co pseudónimo Johan Carballeira, foi un dos xornalistas galegos máis valorados durante os anos anteriores á guerra civil. Os seus artigos, reportaxes e entrevistas publicáronse sobre todo en xornais galegos (“Faro de Vigo”, “El Pueblo Gallego”) e tamén de ámbito español (“Ahora, “El Sol”, “La Voz de Aragón”), distribuídas pola Axencia EDIM. Tamén publicou en revistas que se difundían en todo o Estado, como “Estampa” ou “Gaceta de Galicia”. Como poeta publicou a súa obra tamén en xornais e revistas pero non puido levar a cabo o proxecto, anunciado antes da súa norte, de publicar unha escolma co título de “Cartafol de poesía”. Elixido alcalde de Bueu (Pontevedra) polo Partido Galeguista en 1936, o seu traballo neste eido transcendeu o ámbito municipal para ocuparse dos problemas das clases traballadoras, fundamentalmente mariñeiros, e mediar coas forzas políticas e empresariais as súas condicións de traballo. A guerra civil provocou a súa detención e, despois de un consello de guerra, foi condenado a ser fusilado, sentencia que se levou a cabo o 17 de abril do 1937. “A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira)” é unha recompilación comentada e contextualizada da maior parte dos seus traballos publicados nos xornais e nas revistas nas que colaboraba. Aquí están a práctica totalidade dos seus escritos xornalísticos clasificados por bloques temáticos (política, cultura, lingua…) e por xéneros xornalísticos e ordenados cronoloxicamente.

Sin stock 19.95 €

Datos del producto

ISBN: 9788484874348
Publicación: 03/2019
Formato: Rústica
Idioma: Gallego
Número de páginas: 278

Comentarios

Apodo

Título

Comentario

Aviso de cookies

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y realizar tareas de analítica.