×

Será correcto?

Teño que erguerme cando me presentan a alguén? Podo apoiar os antebrazos na mesa cando estou comendo? Pode acompañarme meu pai a unha entrevista de traballo? Que levo como agasallo se me convidan a comer nunha casa? Todas estas cuestións e moitas máis teñen a súa resposta en Será correcto?; unha guía divertida e sinxela, de fácil lectura e manexo e que seguramente axudará a sacar ao lector de máis dun apuro. Na vida cotiá da maioría das persoas, encontrámonos ante diversas situacións que nos presentan dú- bidas e que resolvemos como podemos, pero descoñecemos se foi aquela a maneira máis axeitada de facelo. Non obstante, saber como hai que comportarse tampouco é difícil e achega moita seguridade. Será correcto? está pensado para que o consulten adultos, pais, docentes... pois a falta dos bos modais é motivo de preocupación para estes últimos. Pero tamén está orientado aos nenos, xa que temos claro que é mellor aprender bos modais de pequenos. Será correcto? non é un libro típico de protocolo, nin polo contido –non esperen atopar aquí como debemos vestirnos para a alfombra vermella–, nin polo seu deseño, con desenfadadas ilustracións que nos invitan a achegarnos ao mundo dos bos modais dun xeito divertido.

Sin stock 15.00 €

Datos del producto

ISBN: 9788494650239
Publicación: 01/2017
Formato: Rústica
Idioma: Gallego
Número de páginas: 88

Comentarios

Apodo

Título

Comentario

Aviso de cookies

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y realizar tareas de analítica.