×

Segundo adral (bfv)

Escritos coa intención "de manter viva a vocación de entregar aos demais o que un vai adeprendendo", Xosé Filgueira Valverde xuntou artigos escritos incialmente para os xornais e foinos publicando en libro, co título de Adral, desde 1979 ata o ano da súa morte. A unidade vén dada por un fito, Galicia, e pola vontade de servir á súa cultura. Filgueira Valverde compón os volumes do Adral arredor de eixes temáticos nos que agrupa artigos sobre a toponimia e nos nomes; sobre símbolos coma o labirinto, o reloxo de area e as escaleiras; sobre os ritos que sinalan o paso do tempo, entre eles festas anuais coma o entroido, os maios ou o magosto; e sobre mesteres coma o de canteiro, o de fogueteiro, ou o de «sementador de cruceiros». Dedica tamén ás artes un mangado de textos, nos que trata, por exemplo, da obra de Prieto Nespereira, de Rubens e de Federico Mompou, ou estuda temas coma o estilo e o grafismo, a cerámica de Sèvres, os retábulos e a arquitectura relixiosa. Tampouco as letras quedan á marxe dos seus intereses intelectuais, desde os cacioneiros medievais aos romances, dos pseudónimos de Otero Pedrayo ás obras de Cabanillas e de Feixoo.

Sin stock 19.50 €

Datos del producto

ISBN: 9788498656046
Publicación: 04/2015
Formato: Rústica
Idioma: Gallego
Número de páginas: 536

Comentarios

Apodo

Título

Comentario

Aviso de cookies

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y realizar tareas de analítica.