×

Os Morenos de Lavadores

Nos albores do século xx desenvolveuse no antigo concello de Lavadores un forte movemento asociativo e cultural que ía poñer as bases da música de gaita en toda a comarca viguesa. Constante Moreda, Francisco Neira, O Panete, O Formoso, Manuel e Ángel Barciela, Miloro… sentaron os alicerces para que dous gaiteiros mozos, Manuel e José, os Oliveira Blanco, formasen en 1933, xunto ao Firma e a Román na percusión, o cuarteto Os Morenos de Lavadores. Aqueles dous morenos irmáns ían gozar cos anos da compaña na percusión de Luis O Coxo, O Palas, Andrés, Ito, Paco, O Balocas, Mon, O Chato, Alfonso, Pedro… e durante máis de vinte anos, da parella de Olimpio Alonso e José Suárez, a que gravaría ao final dos sesenta os discos cos que o estilo destes músicos, o seu toque, quedaría inmortalizado. Cando en 1973 o grupo decidiu disolverse, atrás quedaban un milleiro de festas, romarías e bailes por todo o país, moitos Entroidos alá no Hío, un feixe de inauguracións, varios concursos, a participación en dous filmes, dúas gravacións discográficas, unha viaxe a París acompañando ao Ballet Nacional Español… e moita, moita vida e moita música. Música procedente de coros, de bandas, doutros cuartetos, da cultura canora do pobo, escoitada na radio, no cinema, chegada a través de indescifrables partituras… sempre tocada dun xeito que ía deixar fonda pegada en futuras xeracións de gaiteiros e percusionistas galegos. Música como a Jota da Guía, que desde a viguesa finca de San Roque ao Teatro dos Campos Elíseos, converteuse en parte da paisaxe sonora dos seus veciños e veciñas. Este volume e o seu DVD condensan esta historia e cifran o estudo da súa andaina e do seu son. Mais tamén pretenden ser un recoñecemento a uns homes e a unhas mulleres, un traballo que fala do que nos contaron, do que viviron e escoitaron, do que perderon e conservaron, do seu pasado, tamén noso, e do presente. Un traballo dun grupo de gaitas, que por dereito propio, forma parte xa da identidade sonora de Galicia. AIRE MORENOS!

Sin stock 45.00 €

Datos del producto

Editorial: Edicións do Cumio
ISBN: 9788482893952
Publicación: 04/2011
Formato: Cartoné
Idioma: Gallego
Número de páginas: 336

Comentarios

Apodo

Título

Comentario

Aviso de cookies

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y realizar tareas de analítica.