×

Letramola 1 (galego)

Grafomotricidade e vogais.

Letramola 1 (galego)

Letramola 1 (galego)

Grafomotricidade e vogais.

Letramola é un proxecto didáctico destinado á Educación Infantil. Consta de sete cadernos e o seu obxectivo é iniciar os alumnos no proceso gradual da aprendizaxe da lectoescritura. Tres personaxes, a fada Lila, a fada Bufina e o mago Bieito, encárganse de presentar, por medio da linguaxe narrativa, cada un dos fonemas e letras que se van traballando nos cadernos. O tratamento de cada fonema iníciase con recoñecemento do son e a súa representación gráfica en minúscula e en maiúscula, para favorecer, respectivamente, a discriminación auditiva e visual. O método didáctico utilizado presenta unha secuenciación progresiva dos contidos: pásame do fonema á letra, da letra ás sílabas e destas ás palabras, ás frases e a diversos textos. Por outra banda, sempre que se introduce unha nova letra, repásanse as estudadas anteriormente. Deste xeito, os alumnos relacionan os novos contidos cos xa aprendidos. No caderno 1 trabállanse as vogais, o e como elemento de enlace (conxunción) e os grupos vocálicos (ai, au, ei, eu, ou, oi). Propóñense exercicios de grafomotricidade dos principais trazos para facilitar a coordinación oculomanual á hora de representar as grafías. Neste caderno preséntanse os textos en letra de pau, que tamén utilizarán os alumnos á hora de escribir (completar palabras), xunto coas grafías en maiúscula e a letra ligada. Inclúense contos, adiviñas, poemas e outras actividades para que o alumno vaia progresando dunha maneira amena na aprendizaxe da lectoescritura e se familiarice con diferentes tipos de texto. Proponse a memorización dalgún deles para arrequentar o vocabulario e a expresión. En cada ficha propóñense, ademais das individuais, unhas actividades previas que pretenden axudar aos alumnos a comprender e a realizar adecuadamente a tarefa que se lles pide, e a iniciárense no coñecemento das primeiras nocións gramaticais (xénero e número). Ao final do caderno engádense dúas fichas para a avaliación dos contidos traballados.

Sin stock 7.00 €

Datos del producto

Editorial: Everest Galicia
ISBN: 9788440310880
Publicación: 01/2008
Formato: Rústica
Idioma: Gallego
Número de páginas: 40

Comentarios

Apodo

Título

Comentario

Aviso de cookies

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y realizar tareas de analítica.