×

Educar en feminino. María Victoria Moreno e nosoutras

Ensino e literatura: Un camiño de ida e volta

Educar en feminino. María Victoria Moreno e nosoutras: ensino e literatura. Un camiño de ida e volta recolle un abano de traballos asinados por mulleres que sentiron a necesidade, desde as súas atalaias de docentes-investigadoras, de iluminar o labor desas conxéneres que puxeron a semente e fixeron medrar o noso patrimonio cultural. Nun primeiro bloque, “María Victoria Moreno: ensino e literatura”, revísase e ponse en valor o seu quefacer creativo na emerxencia e consolidación do sistema literario infantil e xuvenil galego, así como a súa axencia renovadora na institución escolar. Este achegamento á autora homenaxeada nas Letras Galegas 2018 permite aproximarse a outras das pioneiras da literatura galega para as primeiras idades, que tamén conxugaron o binomio ensino-literatura para formar desde a lectura literaria nas aulas. A mirada atenta sobre esas “Nosoutras”, que superaron unha dupla marxinalidade –a de ser mulleres e escritoras en lingua galega–, amplifícase no segundo bloque centrado na “Educación literaria e artística”. Nas súas páxinas a muller galega é o epicentro de achegas que transitan entre a crítica textual, as constelacións literarias, as lecturas coeducativas e a banda deseñada. A referencialidade da muller mantense nas propostas enfiadas desde os códigos doutras manifestacións artísticas como son as cartografías da memoria, o cinema de animación e os autorretratos.

Sin stock 15.00 €

Datos del producto

ISBN: 9788412253764
Publicación: 11/2020
Formato: Rústica
Idioma: Gallego
Número de páginas: 224

Comentarios

Apodo

Título

Comentario

Aviso de cookies

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y realizar tareas de analítica.