×

Deiche ollos e miraches as tebras

Novedad
Deiche ollos e miraches as tebras

Deiche ollos e miraches as tebras

Despois de “Canto eu e a montaña baila”, Irene Solà regresa cunha novela exuberante repleta de historias malditas e personaxes atemporais. A masía Clavell está agochada nun remoto posto nos montes de Les Guilleries. Resiste en tempos de guerra, rodeada de cazadores, bandoleiros, carlistas, maquis, pantasmas e demos. Habitada por mulleres, vivas e mortas, desprezadas por bruxas, feas, malfeitoras e retranqueiras, os seus cuartos gardan centos de anos de recordos: os de Joana quen para atopar un marido fixo un pacto que orixinou unha proxenie maldita; os de Bernadeta, a quen lle botaron tanta auga con tomiño nos ollos cando era nena que acabou vendo o que non debía. Ou os de Blanca que naceu sen lingua e xa non fala, pero observa. Unha obra máxica chea de luz, morte, encantamentos e fabulacións. Despois do éxito internacional de “Canto eu e a montaña baila”, traducida a máis de 30 linguas, adaptada ao teatro e convertida en obra sinfónica, Irene Solà volve a invocar unha simbiose harmónica e desbordante de imaxinación, tradición, viscelaridade e prosa poética. A edición en galego conta coa tradución de María Alonso Seisdedos que, en 2022, recibiu o Premio Follas Novas á Obra Traducida, o xx Premio de Tradución Plácido Castro e o x Premio Ramon Llull pola súa tradución de “Canto eu e a montaña baila”.

Sin stock 17.00 €

Datos del producto

Editorial: Kalandraka
ISBN: 9788419213433
Publicación: 09/2023
Formato: Rústica
Idioma: Gallego
Número de páginas: 200

Comentarios

Apodo

Título

Comentario

Aviso de cookies

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y realizar tareas de analítica.