×

Carlos Casares

Vida e literatura

Carlos Casares

Carlos Casares

Vida e literatura

Carlos Casares naceu en Ourense en 1941. Non tivo unha vida moi longa, pois morreu en Vigo cando tiña só sesenta anos, pero durante ese tempo fixo moitas cousas. Foi profesor de ensino secundario, director da editorial Galaxia e deputado no Parlamento de Galicia. Mais a principal de todas as súas actividades foi a de ser escritor. Escribiu seis novelas, dous libros de relatos, varias biografías de persoas importantes na historia e literatura galegas e bastantes contos para nenos e nenas, entre os cales o máis famoso é A galiña azul. Tamén escribiu unha obra de teatro, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, e miles de artigos para xornais e revistas. Home de memoria prodixiosa, cando se falaba con el, era moi normal que contase fermosas historias e anécdotas da súa nenez, que lembraba con moito humor e detalle. Damián Villalaín, amigo e colaborador de Carlos Casares, realiza neste libro un emocionante retrato de proximidade do escritor e editor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2017.

Sin stock 12.95 €

Datos del producto

Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788491211891
Publicación: 03/2017
Formato: Rústica
Idioma: Gallego
Número de páginas: 104

Comentarios

Apodo

Título

Comentario

Aviso de cookies

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y realizar tareas de analítica.